ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A localidade de San Ciprián celebra un ano máis a súa tradicional cita de verán coas festas patronais na honra da Virxe do Carme. Nesta ocasión, a Comisión de Festas organizou un variado programa de actividades que inclúen desde teatro e actuacións musicais, ata as procesións relixiosas, xogos para os máis novos e unha sardiñada, que enchen de interesantísimas e moi heteroxéneas propostas os seis días que trans
Segundo explicou o presidente da Comisión de Festas, Jose Manuel Balseiro Orol, nesta ocasión a cita coas patronais conta con orzamento de 130.000 euros acadados grazas á colaboración de moi diversas institucións e administracións, e ás achegas particulares de empresas, comercios e veciños e que ademais tamén será destinado á celebración da Maruxaina, en agosto, festa de interese turístico.
A Comisión organizadora fixo un chamamento a veciños e visitantes para que participen nas festas, para que se sumen con ledicia ás distintas actividades, pois ademais foron programadas para todos os gustos e todas as idades. Ao mesmo tempo significou dúas citas: o pregón, que terá lugar o venres día 15, ás 19 horas, na Casa da Cultura, e que correrá a cargo do local Ramón González González e o sábado 16 de xullo, coa celebración relixiosa no peirao pesqueiro que incluirá a tradicional ofrenda floral na honra os náufragos a cargo de Jose Manuel Casas López.
Como novidades máis salientables a Comisión de Festexos sinala que os dous primeiros días será a quenda do teatro, na Casa da Cultura de San Ciprián, coa actuación dos grupos locais O Bordelo e Ardora, o xoves convértese nun día dedicado aos máis novos e á xuventude, pois desde primeira hora da tarde terán a festa de espuma, xogos inchables e colchonetas na praza dos Campos e na praia ,e unha espectacular festa xoven con gogos, luz e música a cargo do espectáculo MM. Venres e sábado acollerán ademais das habituais procesións as verbenas coas orquestras ARMONÍA SHOW, PALLADIUM, EL COMBO DOMINICANO E MILLENIUM, ademais da actuación de, entre outras, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Finalmente o domingo terá lugar a sardiñada na Atalaia, que pechará cunha actuación de Troula Animación, co fogo como elemento protagonista.