San Pedro xulga aos galegos esta fin de semana en Compostela pola súa actitude ante a lingua propia

San Pedro xulga aos galegos esta fin de semana en Compostela pola súa actitude ante a lingua propia

27 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Sala Santart de Santiago acolle a representación de Comedia Bífida, a cargo da compañía teatral Bicodobrelo e dirixida por Tero Rodríguez. Unha montaxe baseada nun texto Manuel Núñez Singala, que nos ofrece unha curiosa versión do Xuízo Final. Con San Pedro como xuíz supremo, os mortos desta obra de teatro son xulgados pola súa actitu

Humorismo, ironía, sarcasmos varios, crítica e autocrítica serán convenientemente servidos nesta última cea teatral nas antesalas do inferno ou do paraíso. Unha peza coa que se estraba a compañía Bicodobrelo en maio de 2008 na IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia e que obtivo o segundo premio da especialidade de teatro do certame Gzcrea.

As representacións terán lugar ás seis da tarde tanto o sábado 28 de febreiro como o domingo 1 de marzo. A entrada custa 6 euros, agás os socios que entrarán de balde.

Sociedade