A San Silvestre

A Concellería de Deportes de Fene organiza o sábado 28 de decembro a Carreira e Andaina de San Silvestre.
12 de Decembro, 2019 - 12:26 h. | Publicada por Radio Fene

A Concellería de Deportes de Fene organiza o sábado 28 de decembro a Carreira e Andaina de San Silvestre. A inscrición xa está aberta na web www.carreirasgalegas.com e o prazo pecharase o 24 de decembro ás 23,59 horas -non se admitirán inscricións presenciais o mesmo día da proba-.

A carreira discurrirá polas rúas de Fene, con percorridos que oscilan, segundo a idade, entre os 100 e os 5 kms. En todo caso, arrancará ás 16,30 horas da casa consistorial, cun marcado espírito festivo, a participación é gratuíta para todas as categorías de menores e de 2 euros para a carreira absoluta.Saída e meta están fixadas na casa consistorial e a cita está aberta á participación de todos os atletas, federados ou non. As categorías son as seguintes: Pitufos (nenos/as nados/as en 2014 e 2015) cun percorrido de 100 metros; Sub 8 (2013-2012) e distancia de 200 metros; Sub 10 (2011- 2010) e 400 metros; Sub 12 (2009-2008) e 800 metros; Sub 14 (2007-2006) e 1.200 metros; Sub 18/Sub 16 (2002-2003-2004-2005) e 2.500 metros; Absoluta (2001 e anteriores) e 5.000 metros e Andaina para todas as idades e un percorrido de 2.500 metros. A saída irase realizando de forma escalonada, segundo a categoría e comenzando pola absoluta.

O circuito, sobre asfalto, estará pechado ao tráfico e controlado por Policía Local e Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, así como membros da organización. Así mesmo, as persoas participantes deberán retirar o venres 27 o seu dorsal-chip no pavillón da Xunqueira en horario de 9 a 13,30 horas e de 16 a 22 horas ou o día 28 no salón de plenos da casa consistorial de 10,30 a 13,30 ou de 15 a 16 h. Os tres primeiros clasificados da categoría absoluta masculina e feminina e da Sub 18/Sub 16 tamén masculina e feminina recibirán un trofeo ou obsequio e todos os participantes, un agasallo. Así mesmo, o primeiro clasificado masculino e a primeira clasificada feminina da categoría absoluta recibirán ademáis un lote de produtos cedidos por “Torre de Núñez”. E, unha vez rematadas as carreiras, realizarase un sorteo de dous lotes de produtos “Torre de Núñez” entre todas as persoas participantes tanto na carreira como na andaina.

En todo el mundo se disputan anualmente centos de carreiras no último día do ano, como a Corrida de São Silvestre en Porto (Portugal), a BOclassic enItalia, ou a San Silvestre Vallecana en Madrid - A máis antiga do estado español. Celébrase desde 1964-. Tamén en moitos paises de sudamérica.

Deportes

Publica o teu comentario agora