San Valentín estrea a súa renovada Praza da Cooperación

San Valentín estrea a súa renovada Praza da Cooperación

05 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Recuperar o espazo para todos os cidadáns, dende os máis pequenos coa instalación dunha área de xogos ata os maiores, coa dotación dun circuito biosaudable”, foi o principal obxectivo que o Concello de Fene se marcou no deseño da reforma da Praza da Cooperación, no barrio de San Valentín. Asegurouno, no acto de inauguración, a arquitecta responsable do proxecto, Lorena Pardiñas (do estudio Proyfe). A actuación, inclu&i

A nova praza da Cooperación artéllase en torno a dúas zonas ben definidas: un parque infantil para os máis pequenos e un circuito biosaudable, con máquinas nas que poder facer exercizo os adultos.  Ambas as dúas zonas están relacionadas cunha serie de espazos axardinados e un pequeno paseo. Como elemento singular que é, o proxecto de remozado da praza mantivo o monumento en lembranza a D. Maximino Souto Balado, ampliado agora coa instalación dunha serie de bloques de granito que representan a planta do barrio.

Durante a súa intervención no acto inaugural da praza da Cooperación, o alcalde de Fene asegurou que o goberno municipal estudará as propostas dalgúns veciños de San Valentín para que se coloque un pequeño valado rodeando o conxunto en lembranza de D. Maximino Souto e para que se busque unha ubicación mellor ao circuito biosaudable.

Sociedade