San Valentín, o pracer de transitar pola arte

San Valentín, o pracer de transitar pola arte

19 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un museo de pequeno formato decora as rúas e bloques de San Valentín (Fene A Coruña). 30 artistas deixaron plasmada nas paredes a súa visión do mundo do mar e dos barcos. A arte encontrase co seu entorno, cos traballadores e traballadoras, coa necesidade de ocupación e cunha tradición de centos de anos. Nas paredes de San Valentín compróbase que os barcos teñen alma, como afirma unha enxeñeira da familia González-Llanos, os

A circulación por San Valentín adquire novo significado tras a xornada de "Mar e ferro", o pasado 15 de marzo. As voces de pintores e pintoras claman agora, transforman en arte a reivindicación, visten as paredes coa protesta.

Con este tip de iniciativas,  o espazo vólvese autoconsciente para o individuo. O sentido de colectividade, de comunidade empeza a ser real e activo, afirma o profesor de Estética da Universidade de Vigo Alberto Ruiz de Samaniego. “Benvida sexa a arte para denunciar o prolongado proceso de desmantelamento dunha tradición de traballo” salienta o universitario, quen cita grupos como o “Act up”, “Gran fury” ou “Guerrilla girls” como algúns dos precedentes que tratan de incardinar as súas propostas artísticas nos fluxos sociais: Promoven o arte urbano, como elemento de denuncia, crítica con ironía para propiciar unha reflexión. “A tradición do activismo artístico urbano comeza nos anos 60 e 70 do século pasado e conta cun amplísimo percorrido” destaca Ruiz de Samaniego, quen se detén especialmente no grupo “Guerrilla girls”, activistas do movemento feminista, con identidades mutantes que expoñen na actualidade no Museo Guggenheim de Bilbao. “Mar e ferro” trata de impregnar a obra de arte do que sucede ao seu redor, outorgalle significado e contido. Pretende ao mesmo tempo conmemorar os trinta anos de comunicación local que cumpre neste 2014 Radio Fene.edes coa protesta.

Cultura