Sangue e fume en Baldaio

Sangue e fume en Baldaio
10 de Setembro, 2021 - 12:54 h. | Publicada por Radio Neria

Sangue e fume en Baldaio. Os manifestantes corrían espavorecidos; algúns fixéronlles fronte e arengaban a aqueles que marcharan ao monte. Os primeiros feridos sucumbiron coa auga polos xeonllos, pero ainda houbo unha fronte de veciños que se enfrontou aos gardas entre insultos e ameazas,tanto nenos coma mozos e vellos.Arredor de 5.000 persoas participaran na manifestación pola recuperación do patrimonio natural colectivo, das marismas de Baldaio. A marcha coincidiu coa feira de Carballo, o 8 de maio de 1977, segundo lembra Araceli Freire Cedeira nun apartado do libro "A xustiza pola man. Violencia e conflitividade na Galicia contemporánea" que ven de publicar Xerais coordinado por Francisco Leira e Miguel Cabo. 

25 de xullo de 1980. Fotografía: Xan Carballa

«A xustiza pola man» achega unha panorámica sobre as formas de conflitividade e violencia cotiá na Galicia contemporánea. Partindo dunha óptica común, inténtase comprender a sociedade a través dos conflitos e dunha das súas posibles derivacións, a violencia, entendida esta non como unha manifestación de irracionalidade, senón como síntoma das oposicións e loitas de poder inherentes a calquera comunidade. En definitiva, preténdese expoñer unha visión afastada dos estereotipos que afondan nunha Galicia resignada aos designios do poder imperante.«Un análisis novedoso, detallado y coherente sobre la violencia en el pasado que descubre las diferentes caras de la violencia, sus mutaciones y el lugar central que ha ocupado en la historia». Óscar Bascuñán Añover (Universidad Complutense de Madrid).«Uma obra de leitura indispensável e urgente para quem deseje pensar a Galiza num tempo longo, além dos estereótipos sobre o conflito e a violencia». Paula Godinho (Universidade Nova de Lisboa). «No tempo do retorno da política do medo e do neofascismo, estudar a violencia contribúe a suspender a súa aparente irracionalidade e axuda a entender o pasado e o noso presente». Álex Alonso Nogueira (City University of New York).

Sociedade

Publica o teu comentario agora