Sangue, suor e bágoas

O Perlío venceu, non sen moito esforzo, a un Capela difícil
23 de Outubro, 2018 - 11:05 h. | Publicada por Radio Fene

O próximo enfrontamento leva ao Perlío feminino ao campo do Beco, o sabado ás seis da tarde.

ESCOITA O PODCAST:

Sangue , suor e lágrimas custoulle ao Perlío da Liga feminina de Futbol 8 vencer ao Capela na última xornada. Perlío 1- Capela 0 foi o marcador final nos Pinares. O equipo saiu cun punto de tensión baixo e non foi ata despois do descanso que as de Perlío reaccionaron. Todo foi mellor despois do gol de Cris no minuto 5 da segunda metade. O técnico, Juanjo Lorenzo, aseguraba que foi moi difícil. O sabado o Perlío encara un novo choque co Discalzas no Beco, ás 18:00 horas. Un equipo que non se lles da ben, de feito nunca lles gañaron. Afirma o técnico do Perlío que é un equipo moi rocoso e que encaixa poucos goles.

Deportes

Publica o teu comentario agora