A sanidade pública en folga na semana previa ás eleccións galegas

A sanidade pública en folga na semana previa ás eleccións galegas

04 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os representantes da Plataforma Profesional de Facultativos de Galicia convocaron unha folga xeral que se celebrará entre o 25 e o 27 de febreiro, unha semana antes das eleccións autonómicas. Esta convocatoria extenderáse a todo o personal da sanidade pública galega en protesta pola precariedade nas condicións laborais e salariais, ademáis da falta de profesionais para os servicios de atención.

O presidente do sindicato CESM-Galicia, Cándido Andión, e o representante de O'Mega, Víctor Crespo, anunciaron o calendario de folga tras celebrar unha concentración na entrada principal do CHUS, na que participaron preto de 35 facultativos que portaban as pancartas 'Sen médicos non hai solución ás listas de espera' e 'Acordo Marco, negociación!'.

Precisamente, Crespo aclarou que a convocatoria carece se sentido político e que a coincidencia coas eleccións se debeu ao decreto profesional anunciado recentemente pola Xunta e pola aprobación do acordo marco, que regula as súas condicións laborais, en novembro de 2008. Por iso, denunciaron que ambas circunstancias implican a todo o sector facultativo e, ao mesmo tempo, ignoran a súa problemática.

Pola súa parte, a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio Vidal, calificou de “política” esta convocatoria e realizou un chamamento á responsabilidade do sector para atender as necesidades dos cidadáns.

Sociedade