Sanidade reducirá a demora a 65 días para intervencións cirúrxicas en 2009

Sanidade reducirá a demora a 65 días para intervencións cirúrxicas en 2009

09 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, asinou hoxe cos 20 xerentes de Atención Primaria e Especializada e os catro directores provinciais do Servizo Galego de Saúde, o Plan de Obxectivos Estratéxicos para este ano (POE 2009). Neste plan, Sanidade comprometeuse a pechar 2009 cunha demora media de 65 días para unha intervención cirúrxica, e que ningún paciente espere máis de seis meses.

O cumprimento dos obxectivos do POE levou a que a lista de espera cirúrxica, que inicialmente era de 137 días de media para o conxunto de Galicia, reduciuse a 70 días, un total de 67 días menos. O establecemento do obxectivo de que ninguén espere máis de seis meses para unha intervención cirúrxica supón que a Sanidade pública galega está a limitar as diferenzas entre quen máis espera e quen menos agarda. A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal considerou que este obxectivo é realista e posible, xa que actualmente hai só catro hospitais do Servizo Galego de Saúde que contan con xente esperando máis de seis meses, e eses mesmos centros son os que teñen unha media superior aos 65 días. En total, actualmente hai 1.694 persoas agardando máis de 180 días por unha intervención cirúrxica, que en 2005 ascendían a 8.298, o que supón unha redución de 6.604 persoas, o 79,6 por cento.

Institucional