Santa Comba convídanos a gozar como celtas

Santa Comba convídanos a gozar como celtas

08 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

“Come, bebe, baila e goza como celta”. Esta é a invitación que lanzan desde Santa Comba, concello que esta fin de semana revive o seu pasado castrexo. Recreacións, exhibicións, xogos populares e exaltación gastronómica compoñen o programa da II Festa Celta. A cita arrincou esta mañá desenvolverase até o domingo

O porco celta converterase no protagonista gastronómico do festexo. Os asistentes poderán desgustar un menú composto por chourizos ao viño, paleta asada, táboa de embutidos, touciño e carné á pedra. Avanzouno así a Radiofusiòn o presidente da Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte, José Luis Antelo, quen destacou “o sabor peculiar destes produtos que non se parece á carne de cocho de granxa”.

Máis aló das propostas culinarias, variadas actividades recrearán o ambiente castrexo. Están programados, entre outros actos, exhibición de cetrería, tiro con arco, demostracións de voo de aves rapaces, loita de esgrima antiga, recreación de oficios artesáns ou xogos celtas.

Sociedade