A Santa Compaña e Santo André de Teixido

A Santa Compaña e Santo André de Teixido
25 de Xaneiro, 2020 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Santo André de Teixido vai de morto o que non foi de vivo. O dito tradicional significa unha penitencia. Aquel que cometeu un erro ou un pecado na súa vida, ten que peregrinar para purificarse. A mesma idea subxace na Santa Compaña, segundo o profesor da Universidade de Santiago Xosé Ramón Mariño Ferro.

ESCOITA O PODCAST:
Santo André de Teixido

Os costumes tradicionais teñen funcionalidade por riba da súa aparencia supersticiosa. Os mortos que andan con algún vivo aparecen repetidamente nos contos da Santa Compaña. Na procesión nocturna participa sempre un vivo, que leva a cruz parroquial, o caldeiro de auga bendita ou unha candea. O home da cruz só ten unha forma de librarse dese traballo, que lles impide durmir polas noites e acaba coa súa saúde: pasar a cruz a outro vivo ao que atope polo camiño. As historias da Santa Compaña non se deben á ignorancia.  É unha creación cultural ideada para aliviar a angustia ante a morte.  Mariño Ferro falará da Santa Compaña este sábado ás sete da tarde no Toxos e Froles de Ferrol.

Cultura

Publica o teu comentario agora