Santa Marta ten tren en Cabanas

Santa Marta ten tren en Cabanas

29 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cun mercado mariñeiro inaguráronse as Festas de Santa Marta do Concello de Cabanas. Este mercado adicado aos produtos do mar permanecerá aberto toda a fin de semana en horario de mañá e tarde. Nesta xornada celebrarase un campionato tres por tres de baloncesto.

Os xóvenes entre 12 e 30 anos poderán disfrutar hoxe e máis mañá da actividade denominada “Multiaventura”, unha iniciativa con múltipes propostas.

Tamén mañá, a partir das dez e cuarto da noite proxectarase a película “Corazón de tinta” dentro do cliclo “Noites de Cine” da Deputación de A Coruña.

O día grande será este domingo. Ás once da mañá levarase a cabo unha concentración de coches históricos e un cross popular no que participarán arredor de 400 persoas. O pasarrúas co grupo de Gaitas Airiños do Frade arrufarán a xornada antes da sesión vermú a cargo do Trío Maracaibo. Sobre ás dúas e media da tarde comezará o tradicional xantar de Santa Marta os pinares da praia da Magdalena de Cabanas. As merendas consistirán en empanada, paella, postres, pan, café e bebida ao prezo de 10 euros.

A  comida dos pinares acompañarase ás sete da tarde da actuación do grupo de baile Airiños do Frade. Unha hora máis tarde, disputarase a final do campionato de 3 por 3 de baloncesto. A romaría culminará, ás oito e media do serán, coa actuación musical do Dúo Rosanegra.

Sociedade