Santa Olaia de Limodre

BSide e Pakolas animarán as festas patronais en Limodre (Fene)
04 de Decembro, 2018 - 12:41 h. | Publicada por Radio Fene

En Limodre (Fene) son tan festeiros que celebran a patrona Santa Olaia, si ou si, en pleno inverno.

En Limodre son tan festeiros que celebran a patrona Santa Olaia, si ou si, en pleno inverno. Chova, vente ou neve, hai festa. Santa Olaia manda a vindeira fin de semana.

O sábado 8 de decembro, a partir das 21.30 actúa no local veciñalde Limorde o grupo musical BSide, artistas de Ferrol que fan versións de fantásticas cancións que tiveron a mala sorte de estar nas caras B´s dos discos. Disfrutarán coas pezas de Bob Marley, Jamiroquai ou Snarky Puppy.

O domingo 9 adicaranllo aos máis pequenos, ademais de darlle a benvida ao día coas gaiteiras de Arela e as bombas de palenque, teñen preparado para a tarde, a partir das 17.30, unha actuación a cargo de PAKOLAS, un músico xenial que fai música rock para os máis pequenos da casa. Pecharán o día con Fogos artificiais a cargo da Pirotécnica Millarengo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora