Santiago acollerá o “Camiño ao andar”, un ciclo de conferencias de expertos a nivel mundial

Santiago acollerá o “Camiño ao andar”, un ciclo de conferencias de expertos a nivel mundial

25 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a sede da Fundación Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acollerán entre o 18 e o 28 de outubro o ciclo de conferencias e coloquios “Camiño ao andar”, que forma parte da programación de Xacobeo 2010. Nas nove xornadas, abordaranse algúns dos distintos aspectos que conforman a cultura contemporánea.

Este proxecto programará cada día dúas charlas e un coloquio no que tomarán parte algúns dos máis prestixiosos arquitectos, sociólogos, filósofos, historiadores, escritores, políticos e antropólogos do panorama mundial. “Camiño ao andar” estará comisariada por Juan Barja, director do Círculo de Belas Artes, e traerá a Santiago a algunhas das máis importantes figuras nacionais e internacionais nos seus diferentes ámbitos: Félix de Azúa, Shlomo Ben Ami, Michel Bauwens, Rafael Moneo, Beat Wyss, Félix Duque e Antonio Gamoneda, serán algúns dos expertos que participarán nestas conferencias.

Con esta ambiciosa iniciativa, Xacobeo 2010 quere invitar á reflexión tendo como punto de partida as aportas e coñecementos de toda unha serie de intelectuais de primeira liña procedentes de campos moi diversos da cultura. Santiago de Compostela supón o marco idóneo para pensar a construción da cultura europea como un fenómeno no que se mesturan debates, conflitos e diálogos interculturais. A asistencia aos coloquios e conferencias será gratuíta, previa inscrición.

Sociedade