Sara Tavares publica o album Alive in Lisboa

Sara Tavares publica o album Alive in Lisboa

17 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Magnífico album o que ven de sacar Edicións Resistencia con 2 CDs e 1 DVD de Sara Tavares, denominado Alive in Lisboa. Inclue os seus traballos discográficos Balancé e Mi Ma Bó e recolle o concerto ofrecido no 2007 en Lisboa.A cantante caboverdiana participou con éxito en decembro do 2008 na 6ª edición de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía, en Pontevedra.

Nacida en Lisboa pero orixinaria de Cabo Verde, a voz de Sara mistura a saudade e a dozura, fusiona a contemporaneidade coa tradición ancorada na música dos seus ancestros. A crítica especializada en música de raiz de Portugal xa a ten recoñecido e agora ábrese camiño en Europa. Para o mes de maio ten previsto realizar unha xira polos Paises Baixos e Alemania. Estas son as datas:
6 May 2009 Muziekgebouw, Amsterdam - NL
8 May 2009 De Roma, Antwerpen - BE
9 May 2009 Ancienne Belgique, Brussels - BE
12 May 2009 Oude Luxor, Rotterdam - NL
13 May 2009 Fabrik, Hamburg - GER
15 May 2009 Kesselhaus, Berlin - GER
16 May 2009 Brotfabrik, Frunkfurt - GER
17 May 2009 BASF Geselschaftshaus, Ludwigshafen - GER
19 May 2009 Konzerthaus, Dortmund - GER
1 June 2009 Africa Festival, Wuerzburg- GER
24 September 2009 Gewandhaus, Leipzig - GER

A música de Sara Tavares de seguro que dará moito que falar

Cultura