Sarabela Teatro presenta en Allariz “Cósima”

Sarabela Teatro presenta en Allariz “Cósima”

10 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Compañía Carabela Teatro presenta en Allariz a súa obra Cósima, un espectáculo recomendado para maiores de 6 anos que proclama “un fermoso canto á liberdade de expresión, a saber escoitar, a sentírmonos libres para tomar as nosas decisións e a reivindicar o noso espazo e o noso berro”. O espectáculo representarase este domin

Unha historia que conta as andanzas, de Cósima, unha nena que decide marchar vivir a unha árbore fuxindo dun pai autoritario, aínda que continuará a falar coa súa nai a través dunha linguaxe de signos que inventan entre elas. Trala experiencia a nena decide convidar ao seu pai a subir á árbore, amosando así a transformación que a fuga supuxo nela.

Cultura