Se a túa nai che di que te quere, contrástao

Se a túa nai che di que te quere, contrástao
04 de Xuño, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O humor ten cabida no xornalismo segundo asegura Perfecto Conde. Como proba diso, Conde cita a Xaquín Marín a quen leva seguindo desde hai décadas cando o debuxante colaboraba coa revista Chan en Madrid a finais dos anos sesenta.  Conde aporta unha reflexión sobre o bo xornalismo nestes tempos de fake news: "Como dicimos os ateos, grazas a Deus que aínda hai bo xornalismo".

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“Pescar éche como marear a perdiz, hai que saber darlle ao rabo” apunta Perfecto, no prólogo da “Aproximación á esquiva figura de Celestino Carballeira”. Conde asegura que Juan López Rico pronunciou a citada frase no seu bote Brétema, pescando debaixo da ponte que atravesa a ría de Ribadeo. PC foi redactor do programa de Televisión Panorama de Galicia. Correspondente en Galicia do xornal El Pais e xefe de investigación da revista Interviú. Investigou en Colombia, Brasil e outros países de Sudamérica sobre as conexións do narcotráfico. Xefe de prensa do Concello de Ferrol entre 1999 e 2003 é natural da Pontenova en Lugo. Abre o seu prólogo referíndose a Seymour M.Hers, o derradeiro gran xornalista americano que conta no seu libro de memorias, Reporter, como unha regra de vida ou morte do xornalismo é a de comprobalo todo antes de dalo por bo. Refire unha significativa anécdota protagonizada por Arnold Dornfeld, un dos xefes de sección da axencia de noticias City News. Un día, Dornelf espetoulle a un dos seus subordinados a seguinte frase: "Se a túa nai che di que te quere, contrástao". 

Cultura

Publica o teu comentario agora