Segue a boa racha

CCRD Perlío 3- Rápido de Neda 1
11 de Marzo, 2019 - 10:16 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío encabeza a clasificación con 35 puntos, seguido por Valdoviño, con 30. Na última xornada descansou o Valdoviño e na próxima tócalle parar ao Perlío.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío segue coa boa racha e consegue tres puntos importantes para manter a distancia dos seguidores. Perlío 3- Neda 1.

Aínda que se adiantou o Neda, o Perlío marcou os tres goles en dez minutos, despois de recompoñerse e asentarse no campo. Isma, Pocho e Diego Calvo, este último de cabeza, deron na diana xa na primeira parte do encontro. Na segunda parte, o Perlio aguantou o arreón. O Neda itentouno a balón parado e o Perlío intentou algunha contra pero o marcador xa non se movería.

O Perlío segue arriba de primeiro. Na próxima xornada descansa, mentres permanece atento ao Valdoviño, o máis inmediato rival. Dí Chechu Piñeiro que non ve que vaian fallar, o que significa que os dos Pinares non poden baixar a garda.

Deportes

Publica o teu comentario agora