Segue a racha

Cultural Maniños 3- Cebarca 0, na Liga feminina de Futbol 8
04 de Decembro, 2018 - 10:48 h. | Publicada por Radio Fene

A consecución do mundial pola selección española de futbol feminino Sub- 17, é valorado como unha maneira de gañar visibilización para o fútbol das mulleres.

ESCOITA O PODCAST:

Cultural Maniños 3- Cebarca 0. Paseniñamente o Cultural Maniños da Liga feminina de Futbol 8 vai gañando posicións. As últimas victorias colocáronas na segunda posición con 25 puntos. O próximo encontro enfréntaas ás cuartas clasificadas, o Cariño que ten 20 puntos. Será un choque decisivo, de rivalidade máxima fora da casa, onde mellor lles saen as cousas ás fenesas. Pero son conscientes de que o Cariño vaillo poñer difícil.

O último encontro fronte ao Cebarca no Pote tivo un ritmo baixo e un xogo pouco intenso. Os dous primeiros goles ( de Lucía e Rebe) chegaron cedo e despois todo foi agardar a que pasara o tempo. O terceiro e definitivo tanto estivo nas botas de Mónica. En palabras do técnico, Carlos Gómez, en xeral, apenas houbo máis ocasións.

Deportes

Publica o teu comentario agora