Segue sen resultado a pescuda dos 3 desaparecidos no Orzán

Segue sen resultado a pescuda dos 3 desaparecidos no Orzán

27 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Segue sen resultados a pescuda das 3 persoas desaparecidas esta madrugada na praia do Orzán na Coruña. Atopouse o corpo sen vida do policia nacional Javier López López, de 38 anos e natural da Coruña. Continua a busca dos axentes da orde Rodrigo Maseda Lozano de 38 anos de Burela,  e de Jose Antonio Villamor Vázquez de 34 anos (Pacio Friol). Tamén dun mozo de nacioalidade eslovena.

O vicesecretario xeral en Galicia do Sindicato Unificado de Policía, Leandro Díaz, cualificou de "heroes" ao tres policías que se lanzaron ao mar na praia do Orzán (A Coruña) para tratar de rescatar aos mozos que tiñan problemas dentro da auga.

   En declaracións aos medios no lugar do suceso, Leandro Díaz lembrou que os axentes "eran relativamente novos pero non eran nenos" e asegurou que tiñan a "suficiente" experiencia. Ao mesmo tempo, precisou que o mar "estaba moi mal" e que "o frío era intenso".

   "Ás veces traballamos máis co corazón que coa cabeza. Para min son uns heroes", sinalou Leandro Díaz que, aínda que precisou que a obrigación de lanzarse á auga para rescatar a unha persoa "non é" a dun Policía Nacional, "si hai unha obrigación moral de toda persoa de salvar unha vida".

Sociedade