Seguen as conversas

Continúan en Fene as reunións dos grupos para ir definindo o novo organigrama municipal
28 de Xuño, 2019 - 01:25 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene informounos de que o luns volverán reunirse os representantes de cada grupo político e agarda pechar xa o organigrama municipal para poder convocar o pleno de constitución o venres da semana que ven.

Fene podería celebrar o pleno de constitución da nova corporación saída das urnas o venres 5 de xullo. Podería, segundo nos dí o alcalde Gumersindo Galego, porque quedan algúns flecos por definir no novo organigrama municipal. Os catro grupos políticos con representación municipal reuníronse esta mañá para seguir acordando, pero terán que volver a reunirse o próximo luns dia 1 de xullo. Hai xa acordos nalguns aspectos do organigrama pero outros están sen decidir. Por exemplo, o número de comisións informativas que quedará finalmente. Neste senso, o alcalde propón concentralas en tres en vez das catro que houbo antes. A proposta de Galego é a seguinte: unha comisión de dinamización económica, que incluiría tamén Organización e Seguridade; outra de Cultura e unha terceira de Urbanismo.

Queda por definir tamén a proporcionalidade das comisións, é decir o número de representantes de cada grupo en cada unha delas. Tampouco se concretaron os dias de celebración das comisións xa que hai propostas de reunirse pola mañá e outras pola tarde. Quedaría tamén por concretar as dedicacións. Fene ten a disposición dous salarios, un se entrende de dedicación exclusiva para o alcalde e o outro pode ser tamen para dedicación exclusica dun edil ou pode dividirse en duas medias adicacións, tal e como se decidiu no anterior mandato. O que si están elexidos son os representantes do concello en diferentes órganos externos, ou que os plenos ordinarios seguirán celebrándose os primeiros xoves de cada mes.

Gumersindo Galego informounos de que o luns volverán reunirse os representantes de cada grupo político e agarda pechar xa o organigrama municipal para poder convocar o pleno de constitución o venres da semana que ven.

Institucional

Publica o teu comentario agora