Seguimento do piloto co GPS

Seguimento do piloto co GPS

07 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O piloto de Fene Edgar Vigo utilizará un sistema novidoso no Rallye Cidade de Narón que se celebra este sábado na comarca de Ferrolterra. Edgar Vigo e a súa compañeira Fátima Ameneiro a bordo do seu Honda Civic Vti da escudería Scratch Fene utilizarán o sistema de GPS na carreira e polo tanto, poderá calquer seguidor, a través de Internet, levar un control da velocidade do vehículo en cada momento e ademáis coñecer, i

"Estamos moi agradecidos en ser o equipo elexido para probalo sistema, xa que é un adianto enorme para o noso deporte saber en todo momento a posición e velocidade do coche”. Esta fin de semana celébrase o XXIII Rallye Cidade de Narón, cuarta proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes 2010. Edgar Vigo e Fátima Ameneiro sairán en Narón coa intención de revalidar o seu título de Campións Galegos de Rallyes do Grupo X e intentarán facerse coa vítoria para puntuar no novo trofeo de promoción “Copa Kumho”.

Deportes