Seguimento masivo do alumnado na chaira contra o “Decreto do Galego”

Seguimento masivo do alumnado na chaira contra o “Decreto do Galego”

21 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O seguimento á xornada de folga entre o alumnado dos institutos da Terra Chá en protesta polo “Decreto do Galego” da Xunta de Galicia foi masivo. Mais do 90 %, en concreto un 91,3% dos rapaces que debían asistir hoxe ás clases non o fixeron na chaira. Tan só un 8,7 % asistiron ás aulas, polo que foron atendidos polos profesores que alí se atoparon. Non houbo problemas para cubrir os servizos mínimos, xa que secundaron a convocatoria de folg

Entre os centros de ensino destacaron pola súa protesta o IES de Guitiriz. Tanto a nivel de profesorado, un 58,8 %, xa que foron á folga 20 de 34 mestres; como de alumnado, tan só acudiron 20 de 214, é dicir un 9%; non acudiron ao Instituto guitiricense. As cifras tamén foron importantes no IES Trapero Pardo, xa que tan só foron 11 de 336 alumnos, mentres que acudiu a metade do total da plantilla, é dicir 24 de 48 profesores.

 

 

En Vilalba, no IES Basanta, o seguimento dos rapaces foi do 91,7 %, mentres que os mestres foron á folga 41 de 73, un 56%. No Peña Novo, houbo un 22,5% de adhesión á folga entre o profesorado, mentres que case que o 100% dos alumnos a secundaron.

 

Por último, no IES Río Miño de Rábade, entre os rapaces foron 40 de 3000 e os profesores asistiron ás clases 26 de 40, sendo tan só 16 os que protestaron contra o Decreto do Galego, que reduce as horas das clases impartidas en galego dun 50 a un 33 %, e pon en mans dos pais a posibilidade de que os seus fillos sexan escolarizados nun ou noutro idioma.

 

Desde os Sindicatos valorouse de forma moi positiva a participación do profesorado e do alumnado nesta mobilización. Así, Xosé Ferreiro, responsable comarcal da CIG, afirmou que os datos “eran moi positivos, o que amosa unha concienciación moi importante con respecto ao negativo que representa este decreto para a nosa lingua”. Ferreiro cualificou de “espaldarazo” e “apoio decisivo” esta mobilización, xa que se involucraron “todos os sectores do ensino”. Sobre a participación na Terra Chá, o representante sindical dixo que os números eran bos e que “nunca, desde que levo no sindicato, desde hai mais de dez anos, vivín unha mobilización como esta na bisbarra, sobre todo no apoio dos alumnos, que demostraron que están verdadeiramente concienciados  en que o galego ten que ser defendido”.

Sociedade