Seguir aprendendo

Lucía Paz é porteira no Comarcal A Fervenza de segunda división no futbol sala feminino.
21 de Xuño, 2019 - 11:25 h. | Publicada por Radio Fene

Lucía Paz quere seguir aprendendo e non se marca obxectivos estresantes. "Se suceden cousas boas, mellor" afirma. Ela está feliz xogando ao futbol sala, o seu deporte desde pequeniña. Si a volve a chamar a Selección Española será estupendo.

ESCOITA O PODCAST:
LUCIAPAZ2019

Lucía Paz ten 16 anos, vive en Fene e cursará primeiro de bacherelato no IES de Barallobre o proximo curso. Xoga ao futbol sala no Comarcal A Fervenza de segunda división. Chamouna a Selección Española sub-19 e tamén a Galega sub-17 de futbol sala feminino esta temporada. Xoga como porteira en segunda división no Comarcal A Fervenza e adestra cun club de primeira, o Pescados Rubén de Burela. Para aló marcha a semana que ven a participar nun campus de verán, contenta e nervosa porque, segundo di, Burela é o reino do futbol sala.

Hoxe Lucía Paz foi a protagonista na Fenestra e tamén na paxina web radiofusion.eu onde podemos comprobar o humilde e traballadora que é esta muller que recibía chorando de emoción a chamada da selección española de futbol sala no pasado mes abril para xogar en Portugal. O futbol sala feminino vai tendo presencia na comarca pero non a suficiente. É necesario que os medios nos fagamos eco do traballo de mulleres deportistas como Lucía.

Deportes

Publica o teu comentario agora