Segunda derrota do Racing na liga e vítoria do Val en Santiago

Segunda derrota do Racing na liga e vítoria do Val en Santiago

06 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O conxunto ferrolán perdeu pola mínima ante o Montañeiros da Coruña no campo de Elviña. O gol de Dani deu os tres puntos ao equipo herculino e o Racing suma a súa segunda derrota consecutiva da temporada, despois de perder o pasado domingo ante a Ponferradina.

A S.D. o Val gañou este mediodía ao Santiago de Compostela por 1 a 3. Os goles do conxunto valexo foron obra do fenés Marcos Novo, de Grueiro e de Bruno. Por parte do equipo compostelán anotou Changui no minuto 84 de partido. Importante vítoria do equipo de Juancar ante un conxunto, o Santiago, chamado a facer moito na preferente norte.

Deportes