Segundo cabodano de Iván Arnoso, falecido nun accidente en Megasa

Segundo cabodano de Iván Arnoso, falecido nun accidente en Megasa

12 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Día luctuoso para a familia e amigos do xoven de Perlío, Iván Arnoso López, finado o 12 de agosto de 2007 nun accidente na siderúrxica Megasa(Narón). Ás nove e media da mañá unha coroa de frores colocada polos seus pais diante da fábrica lembraba  e honraba ao rapaz de 24  anos.

Iván Arnoso natural de Perlío faleceu cando se atopaba almorzando  no período de descanso. Unha máquina excavadora que daba marcha atrás arrolou ao mozo cuxo conductor non se percatou da súa presenza, segundo indicaron os operarios do centro. Para os pais de Iván, José Antonio Arnoso e ángeles López, existen moitas contradiccións e van seguir loitando e buscando culpables ante o que consideran unha serie de neglixencias. Reclaman que se faga xustiza.

O xoven só levaba dous meses traballando na empresa como chatarreiro. Hoxe a súa familia lembra a Iván e non quere que este tráxico suceso se esqueza. Seguen a loitar xudicialmente contra a empresa Megasa denunciando a precariedade de condicións dos traballadores e polo que cualifican como un erro fatal e sen xustificación. Dáse a circunstancia que no ano 1993 produciuse un accidente idéntico nas empresa naronesa.

Sociedade