Seguridade e confianza para o parto

Seguridade e confianza para o parto
05 de Xaneiro, 2021 - 08:56 h. | Publicada por Radio Fene

A preparación maternal require de exercicio físico antes e despois do parto. As nais deben acceder a coñecementos básicos sobre o parto e o bebé. Hai determinadas posturas que alivian a dor e facilitan o nacemento. Ademais durante o embarazo debe coidarse o chan pélvico.

A matrona Ana Luces, da clínica Carabel Saúde. Fotografía: Maite Martínez

“Hai que desmontar a imaxe da maternidade ideal e afrontala dándolles recursos ás mulleres” afirma a matrona Ana Luces da clínica Carabel Saúde de San Valentín (Fene). O método Naces axuda ás mulleres a empoderarse durante o embarazo, tomar conciencia do seu corpo, aprender a comunicarse co bebé e, en fin, darlles seguridade e confianza para afrontar o parto da mellor maneira posible. O traballo en grupo, temporalmente reducido, é importante como punto de reunión, de intercambio de experiencias ou para resolver dúbidas e preocupacións, indica a especialista.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora