ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O tren volve nesta xornada á actualidade. O trazado da vía entre Ferrol e Betanzos data de 1912, non se moderniza e as víaxes son cada vez máis escasas. Poucas persoas utilizan o tren para desprazarse a Ferrol, a Pontedeume e á Coruña, cando o ferrocarril é recoñecido en todo o mundo como un medio de transporte ecolóxico e económico. Por se fora pouco en Perlío o tren divide á parroquia en dúas zonas de difícil comunicación.
Seguro non é, pero atravesar a vía é a única solución que temos a dia de hoxe. Esa é a resposta da cidadanía de Perlío que utiliza o paso a nivel sen protección entre a avenida Marques de Figueroa e a rúa do cruceiro de Perlío. A solución para unha maior permeabilidade sería un paso soterrado ou elevado, segundo indicaron esta mañá a Radio Fene ao pé da via do tren. Cruzar a vía é moi perigoso pero a alternativa é dar un rodeo de máis de un quilómetro e medio. Tanto o paso elevado como o soterrado sería unha forma máis fácil de circular, especialmente para as persoas maiores que van á igrexa, ao cemiterio ou a distintos servizos.
Publica o teu comentario agora