Seis prazas moi necesarias

Sintonía entre os representantes sindicais e a administración na creación de emprego.
15 de Xaneiro, 2020 - 11:38 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene convocará seis prazas de nova creación ao longo do ano 2020. A oferta pública de emprego complétase con outras cinco prazas de promoción interna.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí as opinións dalgunhas e algúns traballadores do concello de Fene diante da nova xornada:

http://173.255.131.18/audio/150120OPINIONS1.mp3

http://173.255.131.18/audio/150120OPINIONS2.mp3

Qué lles parecería que no seu traballo lles anuncian que van traballar unhas horiñas menos á semana? A eterna demanda dos traballadores fíxose realidade no concello de Fene o 1 de xaneiro deste ano 2020. Unha empresa que chegou a ter 150 empregados e que hoxe ten arredor de 90, vai poñer remedio en parte coa creación este ano de seis prazas.

Con data do 2 de xaneiro o BOP publicou a oferta pública de emprego do concello de Fene para o exercicio 2019. As prazas para persoal de novo ingreso son unha de bibliotecario/a, unha de policía local, outra paraza de peón para a recollida do lixo, unha de auxiliar administrativo, unha de conserxe e outra de arquitecto técnico. Figuran tamén cinco prazas de promoción interna: de arquitecto técnico, de oficial electricista, soldador caldereiro, chofer conductor e Oficial da policía local.

A oferta do goberno local satisfai as demandas sindicais e reflicte, segundo a xunta de persoal, case na súa totalidade o acordado na Mesa Xeral de negociaicón un mes antes. Para ben ser faltaría a provisión da praza de coordenador/a dos  Servizos Socias Municipais, pendente da modificación da RPT, extremo que queren axilizar.

35 horas semanais

Con efecto desde o 1 de xaneiro do 2020, o concello de Fene tamén aprobou establecer unha xornada laboral para o seu persoal de 35 horas semanais de traballo efectivo no cómputo anual.

Institucional

Publica o teu comentario agora