ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene sementa igualdade con motivo da celebración do 8 de Marzo. O Día da Muller conmemórase cunha programación especial, da que deu un avance a concelleira de Benestar e Igualdade, Sandra Permui.
“Sementando Igualdade. As mulleres nin escravas nin princesas”. Lema das actividades previstas no Concello de Fene con motivo do 8M. Un programa especial dedicado ás mulleres que emitirá Radio Fene, ás 11 horas, desde o salón de plenos da Casa do Concello é unha das distintas iniciativas previstas para conmemorar o 8M aínda que a concelleira remarcou que a loita contra a desigualdade hai que mantela durante todo o ano. “Queda moito camiño por facer, este é un día especial, pero hai que telo presente todo o ano”, resaltou Sandra Permui. Así, lembrou que a área de Igualdade ten en marcha proxectos como o programa Indira, talleres de defensa persoal e talleres para vítimas de violencia machista.
Publica o teu comentario agora