Sempre nos quedará Venecia

Sempre nos quedará Venecia

04 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Se as cousas van mal sempre nos quedará Venecia, que diría o pintor e fotógrafo, Ramón Iribarnegaray, quen inaugurou na Casa da Cultura de Fene a Mostra “Cidades ao paso”. Son fotos, en branco e negro ou cor, de cidades e vilas galegas como A Coruña, Santiago, Redes ou Betanzos, pero tamén cidades europeas como Roma e Florencia, Dubrovnik ou as illas gregas de Mikonos e Santorini.

De todas as cidades que visitou, confesou o fotógrafo que se queda con Venecia. Pero Iribarnegaray tamén retrata Redes -a Venecia de Ferrolterra- onde o mar entra no núcleo urbano con características similares ás da cidade italiana. A mostra con fotografías a cór e en branco e negro permanecerá aberta  ata o dia 21 de outubro.

Sociedade