Sen moito tempo para o leite

Sen moito tempo para o leite

08 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Tras a reunión da Interprofesional Láctea (Inlac) do pasado venres 5 de novembro, o Sindicato Labrego Galego decidiu retomar a campaña de mobilizacións do sector lácteo en demanda dun prezo digno para as explotacións. Esta media adoitase ante a negativa dos representantes das empresas na Inlac a fixar un prezo para o leite do último trimestre do 2010 que cubra os custes de produción e remunere de maneira digna o traballo nas explotacións. A dife

A resultas da xuntanza só se fixou un incremento dos prezos respecto ao mes de setembro, indicou a secretaria xeral do SLG, Carme Freire. “Non nos informan cánto é a suba e se nos pide tranquilidade. É unha absoluta tomadura de pelo para o sector”, explicou. A representante sindical sinalou que pretenden darlle un cariz de acordo, e non se chegou a ningún consenso. Ante o que cualificou como unha falta de respecto declarou que só lles queda mobilizarse para poñelos outra vez na ”picota”.

Desde o SLG e o COAG apoian unha unidade de acción a nivel estatal e demandan unha reunión urxente coa nova Ministra de Agricultura, Rosa Aguilar. Instan a intervención do Ministerio para negociar un acordo satisfactorio que garanta a viabilidade económica de todas as explotacións en activo, sen excepción. “Xa lle fixemos chegar esta petición e se en breve non responde comezaremos as mobilizacións, moito tempo non lle imos dar” aclarou Freire.

Aínda queda por concretar cos demais sindicatos o calendario de mobilizacións. O primeiro toque de atención recibiranno as industrias lácteas e logo as administracións, asegurou. “A Xunta e o Ministerio de Agricultura deben mudar a lexislación”.

Sociedade