Sen noticias do xove de Fene desaparecido hai seis dias

Sen noticias do xove de Fene desaparecido hai seis dias

18 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O xove de Sillobre (Fene A Coruña) David T.N. continua desaparecido. Mañá martes cumpriráse unha semana desde que saiu da súa casa e xa non regresou. Leva unha mochila, pantalón gris curto e camisola branca. Ten dezasete anos, mide 1,90 e ten o pelo curto case rapado ao cero.

Sacou cartos dun caixeiro automático en Fene, Ferrol e o mércores na zona da Chantría en León. A familia agarda ver nesta xornada as cámaras do caixeiro automático de León, para comprobar se foi David quen retirou cartos coa súa tarxeta nesa cidade. Desde o pasado mércores non se rexistran movementos na conta bancaria  polo que a súa familia indica que non puido ir moi lonxe.

 

 

David é un rapaz solitario e retraido. Gosta de realizar grandes camiñadas pola comarca visitando lugares de Ares e Mugardos. A súa familia pide a colaboración cidadán. Se alguén o ve ou pode dar algunha información del pode chamar aos teléfonos 112 ou 062.

Sociedade