Sen palabras

Xa van cinco en Galicia e 43 en total
17 de Setembro, 2019 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

Fene rexeita o triple feminicidio de Valga nunha concentración celebrada este mediodía.

Fene condenou o crime machista de Valga no transcurso dunha concentración celebrada ás portas do Concello ás 12:00 horas. Asistíu máis xente que nunca neste tipo de concentracións. Representantes de diferentes asociacións e entidades como as Amas de Casa e Consumo de Fene, CMI Unidade de Fene, MMM (Marcha Mundial das Mulleres), Airiños de Fene, así como traballadores municipais, representantes de todos os grupos políticos e veciñanza en xeral rexeitaron o triplo asasinato machista ocurrido onte en Valga. Trátase do quinto acto de violencia machista en Galicia no que vai de ano, dun total de 43 ocorridos no resto de España, segundo as cifras do Ministerio de Igualdade.

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, calificouno de "aberrante" e pediu cadea perpetua para o asasino confeso. Tras unhas breves palabras gardouse un minuto de silencio en lembranza de Sandra e Alba Boquete e da súa nai, Elena. Lembrou o compromiso do concello o próximo venres dia 20 coa campaña "20S Emerxencia feminista" cando se repetirá concentración e se iluminará a fachada do concello coa luz violeta.

A MMM reacciona tamén ao terríbel triple feminicidio de Valga, pedindo que todas as rúas da Galiza se enchan de feminismo nunha resposta á altura contra a violencia machista. Haberá esta tarde ducias de concentracións. A de Ferrol, ás 20h diante da Xunta.

Sociedade

Publica o teu comentario agora