Sen peaxe

A campaña do PSOE ferrolán de recollida de sinaturas ten por obxectivo que se suprima a peaxe na AP-9
07 de Novembro, 2018 - 02:30 h. | Publicada por Radio Fene

Os socialistas lembran que xa hai preto de 19.000 firmas na Plataforma Change.org. Tamén pódese acudir a asinar presencialmente á Casa do Pobo para facilitar unha Iniciativa Lexislativa Popular a prol da eliminación da Peaxe. O PSOE de Ferrol anima á cidadanía a seguir asinando na campaña iniciada en marzo para a supresión da peaxe no tramo Ferrol- A Coruña.

O PSOE Local está a levar a cabo unha campaña de recollida de firmas a prol da supresión da Peaxe da AP – 9, tramos Ferrol – A Coruña, en ambos sentidos. Así os Socialistas de Ferrol seguen a insistir na imperiosa necesidade de que Ferrol conte con un transporte público adecuado como fundamental para o desenvolvemento social, demográfico e económico de Ferrol e Ferrolterra. Reclaman a adopción de medidas contundentes que rematen coa sangría económica e a alarmante caída demográfica que está a padecer Ferrol, ademais da incomunicación provocada por unha liña férrea que pódese calificar como tercermundista, todo isto debido o abuso e discriminación negativa que se está a dar coa nosa cidade dende a Xunta de Galicia e a pesar de contar con un Goberno do PP en España durante case sete anos nos que amosou a súa nula interese en pórlle remedio desde as administracións nas que goberna ou gobernou. Os Socialistas de Ferrol entenden que a Peaxe da AP-9 Ferrol – A Coruña en ambos sentidos supón un lastre importante para a veciñanza de Ferrol que prexudica á recuperación demográfica da nosa cidade. Esta peaxe orixina que as escasas empresas que operan na cidade sexan máis pobres e menos competitivas, o que repercute no emprego, cunha peaxe que limita a cantidade de visitantes a Ferrol e incide negativamente no desenvolvemento económico das nosas empresas, da hostalaría e do comercio. Desde o PSOE Local animan ós interesados en apoiar a iniciativa mediante a súa sinatura ben na Plataforma dixital Change.org baixo o nome AP-9 entre Ferrol e A Coruña SEN PEAXE ou mesmo achegarse a Casa do Pobo na rúa da Igrexa, nº 104, Baixo, con horario de apertura nas mañas do martes e xoves, desde ás 11:00 ata ás 13:00h, ou na tarde do mércores desde ás 18:00 ata ás 20:00h.

Sociedade

Publica o teu comentario agora