Sensacións técnicas incriblemente doces

Sensacións técnicas incriblemente doces
13 de Xaneiro, 2020 - 10:58 h. | Publicada por Radio Fene

O xogador do Cariño Aitor Piñeiro sufriu un desmaio no partido da Segunda Galicia de fútbol entre o equipo local e o Cultural Maniños. Unha ambulancia trasladouno ao Arquitecto Marcide onde despois de practicarlle un electrocardiograma déronlle de alta. Xa está no seu domicilio, segundo informan desde o club da localidade mariñeira.

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños. Segunda Galicia de fútbol

O Maniños transmite sensacións técnicas incriblemente doces. Xera ata dez ocasións de gol en cada partido, pero no logra finalizar. De momento ocupa a primeira posición da clasificación con dez puntos. Pero só van catro xornadas disputadas desta fase e a posición na táboa, aínda non é significativa para o adestrador Pablo Mesa. No partido xogado este domingo, Cariño 1 - 3 Cultural Maniños.

 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora