Sensibilizar e formar contra o sexismo

Sensibilizar e formar contra o sexismo

15 de Decembro, 2008 - 12:00 h. | Publicada por

Sensibilizar e formar ao persoal dos medios de comunicación e empresas de publicidade. Esa é unha das recomendacións de boas prácticas incluidas no Informe sobre o sexismo na publicidade dos medios de comunicación de Galicia. Preténdese divulgar ferramentas prácticas e recursos técnicos que permitan mellorar a práctica profesional.

Igualmente quérese dar a coñecer a lexislación que esixe a erradicación da publicidade sexista. As mesmas recomendacións insisten en perseguir a vulneración da lei nas mensaxes publicitarias que non respecten a igualdade entre homes e mulleres ou agridan a dignidade das persoas. Tamén se promove unha actitude crítica da cidadanía con respeito a este tipo de mensaxes discriminatorios

Sociedade