Sentimento de culpa

Sentimento de culpa
14 de Xaneiro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A enfermidade do alcoholismo provoca lagoas mentais e leva a quen a padece a actuacións como o intento de beber ás agachadas. Son experiencias que nos narraron Isabel e Mariel, do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra.

ESCOITA O PODCAST:

Non podía ocultarllo ao seu entorno pero intentaba beber ás agachadas. “A intención era ésa, sobre todo na última época do meu historial, a enfermidade avanzou de tal maneira que na miña cabeza parecíame que era así, cheguei a ter o alcol mesmo na maleta do coche”, recoñece Isabel. Tamén intentaba ocultalo Mariel “nos últimos anos, sobre todo por vergoña, polos meus fillos, pero eles dábanse conta pola miña maneira de falar, porque balbuceaba, e polo alento”. As dúas sentíanse culpables por beber. “Era incapaz de parar, cheguei a ter remorsos no momento mesmo de servir a copa”, di Isabel. “Ao día seguinte sentíame fatal, víao todo negro, con moito sentimento de culpa”, engade Mariel.

Sociedade

Publica o teu comentario agora