Sentir á xente

Sentir á xente
17 de Xuño, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“O que máis me gusta é tocar en público, en directo. Sentir á xente é para min o máis importante”, afirma Antía Muíño. ‘Carta aberta’ é o título do seu primeiro disco en solitario sobre o que falamos no programa Sons de Nós. Aquí podes escoitar a entrevista completa.

ESCOITA O PODCAST:

A artista santiaguesa amósase moi contenta e ilusionada pola súa xira de concertos. Este sábado sóbese ao escenario en Cantabria e, ademais de visitar Madrid ou Valença, tamén poderemos vela no mes de xullo por Galicia con actuacións en Cambados, Carballo, Buño ou Cee. Cancións como ‘Canta miña compañeira’, ‘Mar de Fondo’ ou ‘Herba de namorar’ compoñen o primeiro traballo en solitario de Antía Muíño, gañadora do premio Martín Códax a Mellor Artista Emerxente.

Na imaxe, Antía Muíño.

Cultura

Publica o teu comentario agora