A SEPES está de rebaixas

A SEPES está de rebaixas

13 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Consello de Administración da SEPES ofrece bonificacións do 50% no parque empresarial Río do Pozo- Sector IV en Narón, para as compravendas que se realicen no ano 2013. O desconto afecta a unha superficie de 170.000  m² e ofértanse parcelas desde 30 €/m². A Entidade Estatal de Chan, dependente do Ministerio de Fomento, aprobou o pasado día 8 de novembro o seu “plan especial de bonificacións para a venda de chan empresarial&rd

Este plan comercial establece bonificacións dun 50% no parque empresarial Río do Pozo-Sector IV en Narón, para todas as compravendas que se formalicen en escritura pública antes do 31 de decembro de 2013.

A superficie bonificada comprende 20 parcelas, seleccionadas en base á súa potencial demanda e teñen unhas dimensións por parcela, que van desde os 4.000 aos 21.000 m². A superficie total afectada por estas bonificacións é de 170.000 m².
Todos os empresarios interesados nalgunha destas parcelas bonificadas, poderán consultar todo o relativo a este plan de bonificacións na web de SEPES: www.sepes.es e presentar as súas solicitudes até o 29 de novembro de 2013, o alleamento das mesmas realizásese a través dun concurso público co obxectivo de cumprir estritamente cos principios de concorrencia, transparencia e publicidade.

Nestes concursos priorizánse as vendas en man, aínda que os solicitantes poderán ofertar o pago aprazado até en 10 anos e cunha entrega inicial do 25%. Con este plan especial de bonificacións, preténdese estimular o mercado de vendas de chan empresarial en Galicia e concretamente na  Coruña para dar un impulso á xeración de emprego. O plan especial de bonificacións para a venda de chan empresarial, afecta a 23 parques empresariais repartidos en 9 comunidades autónomas: Aragón, Castela A Mancha, Valenciana, Madrid, Castela e León, Galicia, A Rioxa, Andalucía e Canarias. Materializase en 165 parcelas e 7 naves industriais.

Sociedade