Sesión vermut

Arranca a programación de “Vén a Fene” este sábado, 16 de febreiro en San Valentín
15 de Febreiro, 2019 - 12:56 h. | Publicada por Radio Fene

A sesión vermut faise coincidir coas festas na parroquia, Festas de San Valentín de venres a domingo.

ESCOITA O PODCAST:

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, convida a veciños e visitantes a disfrutar en San Valentín da sesión vermú organizada polo Concello de Fene, en colaboración coa asociación Centolos, no marco das festas patronais do barrio. Arrancará ás 14 horas no CPS e contará coa actuación estelar do grupo “Los Bitch Boys”. A entrada é libre e gratuíta. Maikel Rodeiro, Colás Lage e Cabe García integran a formación musical e o obxectivo que se marcan para este sábado é poñer a bailar a todo o mundo coas mellores versións dos clásicos da música española dos anos 70 e 80. O edil avanzou que a partir do luns 18 e ata o sábado 23 o CPS de San Valentín albergará unha mostra de pintura da artista local Ana Basoa, incluída tamén no programa municipal “Vén a Fene”. Estará a disposición do público en horario de 9 a 15 e de 17 a 22 horas.

Institucional

Publica o teu comentario agora