Sete persoas morren cada dia en Galicia polo tabaco, segundo a Universidade

Sete persoas morren cada dia en Galicia polo tabaco, segundo a Universidade

11 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Mortes de cancro tamén provoca o tabaco. Ata 7 fumadores morren o día en Galicia, unha cifra sobre a que non se chama suficientemente a atención, segundo o doutor en psicoloxía e director da unidade de tabaquismo da Universidade de Santiago de Compostela, Elisardo Becoña.

O departamento de loita contra o consumo de tabaco naceu en 1984. Dende aquela axudou a deixar de fumar a milleiros de persoas. A situación cambiou moito nestes anos, salientou Becoña, quen chamou a atención sobre o incremento de mulleres fumadoras. Con todo advirte unha redución do consumo trala implantación da Lei Antitabaco. Para os que non o poden deixar, a Unidade de Tabaquismo da Universidade ten o seu propio manual de Autoaxuda.

Sociedade