Setenta anos

Setenta anos
06 de Xaneiro, 2020 - 10:00 h. | Publicada por Radiofusión

Cúmprense este sete de xaneiro setenta anos da morte de Castelao. A súa acción política converteuno nun modelo ideal de compromiso co país, honestidade e entrega ás conviccións. O seu exilio e morte en Bos Aires aumentou o seu mito.

ESCOITA O PODCAST:
Miguel Anxo Seixas, biógrafo de Castelao

Gran político e gran artista, Castelao era moi ocorrente, segundo o seu biógrafo Miguel Anxo Seixas quen publicará neste ano 2020 o seu segundo tomo da biografía de Castelao. Comeza en 1930. No exilio en Arxentina, Castelao despregou un intenso labor cultural e societario. A obra do líder galeguista permaneceu viva despois da súa morte.

 

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora