Shakespeare para ignorantes represéntase en Naron

Shakespeare para ignorantes represéntase en Naron

02 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo de teatro Mofa e Befa cautivará ao público do Pazo da Cultura de Narón nos sabados teatrais. A peza "Shakespeare para ignorantes" logróuno noutras prazas onde xa se presentou. A entrada custa 8 euros.

O astuto e intelixente público de Mofa e Befa poderá tirar de valiosos recursos para resolver os problemas da súa vida privada, laboral ou pública. Ese é o reto que plantexan Quico Cadaval, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo que este sábado traen ao Pazo da Cultura de Narón o espectáculo Shakespeare para ignorantes. A función comezará ás oito da tarde. A entrada custa oito euros.
Mofa e Befa irrompen nunha académica conferencia sobre o famoso autor para por en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual. Asasinos, xuices, bufóns, cornudos, chivatos, racistas, oportunistas, chulos, torturadores, todas as personaxes que nunca teñen o protagonismo, terán agora a chance de mostrarse no primeiro plano.

Sociedade