SI ou NON

Arredor dun cento de funcionarios e laborais poden participar no referendo
18 de Febreiro, 2019 - 09:48 h. | Publicada por Radio Fene

O resultado do referendum, segundo o presidente do comité de empresa, de gañar o NON, serviria aos convocantes para renegociar os asuntos da discordia.

ESCOITA O PODCAST:

Comité de Empresa e Asemblea Xeral de Traballadores do Concello de Fene van someter a referendo a proposta do concelleiro de persoal relativa á modificación da RPT (relación de postos de traballo) e do cadro de persoal. A votación terá lugar na Sala de Plenos da Casa do Concello o mércores, 20 de febreiro, en horario de 11:30 a 15:00 horas. No referendo, ao que está convocado todo o cadro de persoal do Concello, os traballadores e as traballadoras responderán, en voto secreto en urna, á pregunta:

Ratificas a proposta de modificación da RPT e do cadro de persoal presentada polo concelleiro de Persoal na Mesa de Negociación?  SI  NON

Coa convocatoria deste referendo a Asemblea Xeral de Traballadores pretende que "non quede ningunha sombra de dúbida sobre a posición do cadro de persoal en relación co citado acordo". Lembrar que o desacordo coas decisións tomadas na mesa negociadora do mes de decembro pasado, está relacionado tamén coa amortización de catro prazas e a privatización dos servizos, así como a modificación das funcións dunha traballadora sen consultar ao serizo ou dar audiencia á interesada.

Institucional

Publica o teu comentario agora