Sillobre acolle o domingo a II Convivencia Interxeracional de Fene

Sillobre acolle o domingo a II Convivencia Interxeracional de Fene

15 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A parroquia fenesa de Sillobre prepárase para acoller a II Convivencia Interxeracional. Como ocurrira hai un ano no Pote de Maniños, numerosas actividades devirán durante a xornada do proximo domingo na que se pretende o encontro entre novos e maiores.

Os xogos tradicionais son o prato forte dese encontro, pero tamén se bota man de toda a infraestructura musical, artesanal e deportiva do municipio.  Ata un total de 8 obradoiros, cos seus monitores correspondentes, ofertaranse para pasar unhas horas da xornada.
Asistiremos a exposicións, escoitarase a musica da Banda de Gaitas Airiños de Fene ou das Bolboretas de Barallobre.   

Os xogos tradicionais e a chave entre eles manterán aos participantes en Sillobre durante todo o domingo dia 21. Organiza a II Convivencia Interxeracional a Área de Benestar e Igualdade municipal, patrocina a Deputacion provincial e colaboran diferentes entidades, as aVV de Santo
San Marco e a de Sillobre ; ASPANEPS, Agarimo e Amigos da chave de Ferrolterra.
 

Sociedade