As silvas cómense o hotel

As silvas cómense o hotel
07 de Agosto, 2019 - 08:43 h. | Publicada por Radio Monforte

O edificio orixinal do Hotel de Ferrería de Incio data do século dezaoito. O conde de Campomanes transformou o seu pazo en pousada en 1884. En 1892 construíuse o balneario aproveitando as augas medicinais do lugar. Os primeiros plans de recuperación do balneario datan de 1997, ano no que o edificio e as fincas foron adquiridos por unha empresa pontevedresa. Pero en 1998 os traballos quedaron interrompidos  por motivos    económicos.  En 2002    anunciouse  a  compra  do  inmoble  por     parte do grupo empresarial Isolux, pero as reformas non se completaron. As obras do antigo  hotel atópanse paralizadas desde 2005

Hotel de Ferrería do Incio

As silvas cómense o Hotel de Ferrería do Incio. Xa en 2003 parouse a restauración do gran edificio, labor para o que se concederon importantes subvencións. A un quilómetro e medio do hotel a montaña segue ofrecendo o seu manancial de augas ferruxinosas, unha auténtica fonte de saúde.

O Incio é terra fragosa, rica en mármores e mineral de ferro, con antigas ferrerías. O balneario, de antigo moi acreditado, é fundamental na cura da anemia, segundo afirmaba Otero Pedrayo na súa Guía de Galicia.

Sociedade

Publica o teu comentario agora