Silveira: Faremos o mellor para o Racing

Silveira: Faremos o mellor para o Racing

08 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

"Vaise estudiar nas vindeiras horas e faremos o mellor para o Racing". Manifestouno así o presidente do Racing de Ferrol Isidro Silveira tras a derrota sofrida polo equipo verde esta tarde na Malata. O Compostela logrou o seu primeiro triunfo no seu retorno á Segunda B. Conseguiuno no derbi ante o Racing de Ferrol (1-2), logo de remontar o tanto inicial de Rudy Carlier no primeiro minuto. Unha vitoria cimentada nos tantos de Iván González e de Sestelo, que deixa ao e

O dirixente racinguista recoñeceu que o conxunto está en caida libre, e expresou as súas dúbidas sobre o plantel, o adestrador e o presidente do clube. Silveira adiantou que se escoitará a voz dos socios, que esta tarde reclamaron nas gradas da Malata o cese de Juan Veiga.

O adestrador mugardés manifestou pola súa banda que o obxectivo do Racing é gañar a vindeira

semana en Lugo. "Ante unha situación dificil pódense baixar os brazos ou traballar para seguir

adiante, e nós estamos nesta segunda alternativa" indicou Veiga.

m. 78 (1-2) Sestelo bate a Reguero dende a banda dereita.
m. 29 (1-1) Iván bate por baixo a Reguero nunha contra.
m. 1 (1-0) Rudy Carlier de disparo raso tras aproveitar un córner botado por Álvaro.

Alineacións;
Racing: Reguero, Jesús, Jonathan, Garrido, Iván Romero, Carlos, Rubén, Malafaia, Juan Martínez, Álvaro e R. Carlier. Banco: Paco (p.s.), David Franch, Matas, Javi Vicente e Manuel.
S.D. Compostela: Pablo, Toño, Cholo, Jimy, Angelo, Claudio, Petter, Jesús, Mariño, Iván e Gonzalo. Banco: Alberto (p.s.), Caneda, Cascallar, Rubén Márquez e Sestelo.

Deportes