Sin miedo va y sin miedo viene

Sin miedo va y sin miedo viene

24 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A rúa irmáns Liste Forján lembra en Teo a memoria dunha familia exemplo da rebeldía diante da inxustiza. O que máis sona logrou foi Enrique, quen chegou de soldado raso a xeneral de 5 exércitos co nome de Enrique Líster. Quien buenos cojones tiene, sin miedo va y sin miedo viene. Ese era o lema dos soldados mandados por Líster, segundo confesou o xeneral nunha entrevista en Radio Fene en 1986.

Líste pronunciase Líster. A película realizada por Margarida Ledo relata as peripecias vitais dun home que sintetiza boa parte da historia do século XX. O neno Xesús Líste, de pai canteiro e nai campesiña, emigra a Cuba no 1918. A súa historia persoal correrá parella coa do século. En 1927 entra no Partido Comunista Cubano e en 1928 regresa a Galiza onde organiza o Sindicato de Oficios Varios en Teo. O cárcere e unha dura condea pendente aconsellan que saia cara Moscú. Ao seu regreso, en 1935, faise responsable do traballo antimilitarista nos cuarteis de Madrid. Participará logo na guerra civil, na Segunda Guerra Mundial, na guerra fría. Enrique Líster recibe en 1961 unha homenaxe na Habana. O Che Guevara pronuncia a súa frase: En tu columna, contento lucharía.

O trompeta do Quinto Reximento era de Pontedeume. Chámase Manuel Molares e conta con máis de 90 anos de idade. Achegouse á unidade veciñal Olmo, en abril do 2012 a amosar o instrumento musical que garda como ouro en pano, ao saber que alí se ia proxectar un documental sobre Enrique Líster

Sociedade