Sinaturas polo traballo en Navantia

Representantes de Navantia reunironse co movemento asociativo de Fene
18 de Decembro, 2019 - 09:18 h. | Publicada por Radio Fene

A presidenta do comité de empresa de Navantia Fene, Adela López,  asistía onte ás 10 da mañá á xuntanza coa corporación e o movemento asociativo de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Esta é a breve conversa que mantivemos coa presidenta do comité de Navantia Fene, Adela López:

http://173.255.131.18/audio/171219LOPEZ.mp3

A corporación de Fene recibiu onte aos representantes dos traballadores de Navantia que acudiron ao salón de plenos municipal para explicar ás entidades sociais a campaña de recollida de firmas demandando carga de traballo nos dous estaleiros. Todas as entidades culturais e veciñais presentes recolleron os documentos para levar ás súas sedes e seguir recollendo sinaturas que se sumen ás que xa se recollen nos establecementos de hosteleria e nos comercios. Radio Fene estivo coa presidenta do comité de Navantia Fene, Adela López, quen nos explicou que agardan recoller 100.000 firmas para entregalas ao goberno galego e ao novo goberno central, cando se constitua.

Sociedade

Publica o teu comentario agora